É unha muller vestida con palabras. Palabras que contan feitos. A súa intención está encamiñada a dar resposta ás preguntas “para que” e “porque” para chegar á esencia dos acontecementos. A investigación en profundidade é o seu traballo, o que leva implícito a realización de entrevistas e a observación detallada. Os que a coñecen defínena de diferentes formas. Manolo Rivas, fala dela como “unha viaxe en profundidade por calquer asunto informativo, visto coa mirada interior do xornalista” ou como di Cesar Casal “é o conto do que pasou. É un xénero literario escrabizado á realidade”. Ademáis, engade que “hai que facer campaña para resucitalo porque é o único que lle queda ós xornalistas para competir coa radio e coa televisión”.
Pese ós diferentes matices propios de cada autor, todos comparten a mesma idea de que a reportaxe é o xénero do futuro. E non só iso, eu engadiría, como afirma Manolo Rivas, que “é a palabra coa que mellor se pode resumir o xornalismo escrito”.
Pero a reportaxe non é só un xénero xornalístico. Tamén é un xénero literario que marca o estilo de cada reporteiro. Isto é o que fai que cada reportaxe sexa diferente ás demáis. Polo tando, non podería concebir unha reportaxe que non incluíra, dun xeito ou doutro, certa esencia literaria. Máis aínda tendo en conta o momento de crise que se vive nos xornais polo rexeitamento á uniformidade que se produce neles.
Xosé López, en A reportaxe de prensa en Galicia, amplía estas informacións centrándose nun espacio concreto, Galicia. “Ir, ver e contar” son, segundo el, “os pasos que debe seguir todo reporteiro”. É unha guía que nos pode servir para todos aqueles que estamos iniciando o mundo do xornalismo. Ademáis, inclúe as entrevistas realizadas polo autor a Manolo Rivas e a Cesar Casal, o que nos mostra dúas visións diferentes, dúas formas de realizar unha reportaxe.
Ana Belén Sesto Blanco